Wednesday 08 de May de 2024

Publicadas as listaxes definitivas de nenas e nenos admitidos nas tres escolas infantís municipais


A concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, informou de que as persoas que solicitaron praza nalgunha das tres escolas infantís municipais –A Solaina, A Gándara e Piñeiros- para os seus fillos e fillas de entre 0 e 3 anos poden consultar as listaxes de admitidos no Concello –no horario de apertura habitual- ou a través da páxina web, na dirección: http://www.naron.es/web/cat/gal/concello/escuelas_infantis/.

Dende as direccións das tres escolas infantís do Concello estase a informar tamén ás familias, tal e como indicou Taibo, que explicou a maiores que as matrículas definitivas para o curso 2023-2024 se formalizarán nos meses de verán, como é habitual.